O Real Club Tenis Coruña consegue o ascenso no Campionato de España Absoluto despois de derrotar á Real Sociedade de Tenis da Madalena por un contundente 5-0.
É admirable o dos nosos mozos, o gañar ou subir xa é o de menos, o que é incrible é o exemplo que dan a outros/as nenos e nenas que están a empezar a xogar ao tenis. Compañeirismo, xenerosidade, amizade e, sobre todo, equipo unido pase o que pase, xogue quen xogue.
O próximo ano o noso equipo xogará en segunda categoría, perseguindo o soño de ascender e acabar entre os mellores de España.
A Santander desprazáronse tamén os pais dos xogadores, que en todo momento non deixaron de animar e axudar en calquera cousa que puidésemos necesitar.
Xogadores como David Cao, Álvaro Fernández, Jesús Bouza, Luís Fernández, Alejandro Vizoso, Noel Villarabide, José Basanta, Alejandro Pardo conseguiron este gran éxito para o noso club e eu, como capitán e todos os que formamos parte da familia do RCTC sentimos moi orgullosos de que nos representen vaian onde vaian.
Parabéns, equipo!
Iago Reija, adestrador e responsable de competición do RCTC.
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de British International School.