O RCTC pon hoxe en marcha a súa nova Ludoteca infantil, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 13 anos que nace co obxectivo de ofrecerlles un espazo propio para relacionarse, xogar, ler e divertirse.
A Ludoteca, situada xunto ao salón social, conta con dous ambientes diferenciados: un recuncho destinado a xogos e outro para facer actividades como deberes, manualidades ou talleres infantís. As familias dispoñen, ademais, dunha zona de cafetaría conectada coa sala infantil (sport-bar) aínda que, de momento, só ofrecerá servizo de forma puntual algúns días da semana.
SERVIZO DE LUDOTECA
É importante que as familias teñan en conta que a funcionalidade da Ludoteca NON É A DUN SERVIZO DE GARDARÍA, polo que os nen@s, deberán estar supervisados en todo momento polos seus pais ou por calquera outro adulto.
Só no caso de que os menores participen nalgunha actividade organizada polo Club (campamentos, talleres, charlas das escolas etc) serán os monitores/as os responsables de atendelos.
HORARIO
A Ludoteca estará aberta no horario habitual do Club, salvo que o seu uso estea limitado por actividades programadas ou que se peche por algunha causa xustificada.
UNHA DEMANDA DE MOITAS FAMILIAS
A posta en marcha desta iniciativa dá resposta a unha necesidade moi demandada polas familias de dotar ao Club dun espazo de esparexemento e de lecer para os niñ@s onde poder xogar e gozar do seu tempo libre, especialmente nos días de choiva.
Na remodelación da sala, que até agora apenas tiña uso, participou o persoal de mantemento do Club e varios socios/as que colaboraron desinteresadamente no seu deseño e equipamento.
NORMAS DE USO
Co fin de garantir o seu bo funcionamento elaboráronse unhas normas básicas de uso que recomendamos que leades.
Agradecemos a todos os socios/as a súa colaboración para que estas normas respéctense e lembrámosvos que para calquera dúbida/consulta/incidencia podedes contactar co noso departamento de atención ao socio/a: monica.megino@teniscoruna.com
NORMAS DE USO LUDOTECA INFANTIL











