O pasado venres, 6 de outubro, a Escola de Tenis estreou o seu ciclo de conferencias para a tempada 23/24 sobre psicoloxía deportiva aplicada ao tenis.
Para iso, organizou dúas charlas sobre xestión emocional e psicoloxía deportiva para familias, dirixidas a alumnos, adestradores e pais que foron impartidas pola psicóloga, adestradora e tenista, Eva Vilar.
O obxectivo destes talleres é dar a coñecer esta disciplina, desmontar a crenza de que un psicólogo só intervén cando hai situacións problemáticas ou que só está orientada a dar apoio a deportistas profesionais.
Concentración, confianza, motivación, emocións e presións foron algunhas das cuestións abordadas durante a xornada. Eva conseguiu conectar cunha audiencia moi interesada con ton moi divulgativo, facendo que os talleres fosen moi interactivos.
Ante a boa acollida da actividade, a Escola ten previsto impartir varias sesións máis ao longo do curso.
Grazas a todos os alumnos e familias da Escola polo voso interese e en especial a Eva por colaborar connosco nesta iniciativa.
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de British International School