O RCTC ofrece a todos os seus socios/as a posibilidade de celebrar aniversarios infantís nas súas instalacións.
O Club, situado nun espazo único, conta cunhas magníficas instalacións para que os nosos socios/as máis novos poidan celebrar unha data tan especial nunha contorna familiar e divertida.
Tenis, pádel, xogos na polideportiva, talleres en ludoteca infantil, piscina, etc son algunhas das actividades lúdico-deportivas que oferta o RCTC e que podedes escoller á vosa medida. O noso servizo de cafetaría encargarase de organizar as merendas e tamén vos facilitaremos monitores especializados para que gocedes tranquilos da festa en compañía de familiares e amigos.
Os interesados en solicitar máis información podedes enviar un mail a: monica.megino@teniscoruna.com ou chamar ao 981660519.
Nesta ligazón tamén podedes consultar todo o relativo a reservas, packs, condicións e tarifas:
NORMATIVA ORGANIZACIÓN ANIVERSARIOS RCTC
Esperámosvos!
Nota: este servizo é exclusivo para socios/as do RCTC.