O RCTC ultima estes días a posta a piques das piscinas para que os socios poidan gozalas a partir do próximo 10 de xuño.
Ademais dos habituais labores de limpeza e desinfección, os traballos de mantemento que se están realizando inclúen a impermeabilización do tellado dos vestiarios, o acondicionamento das zonas axardinadas e a mellora do sistema de rega. Tamén está previsto o pintado de muros e beirarrúas así como a instalación de novas bases para as antucas.
Coa apertura da zona de baño, o Club dará por inaugurada a nova tempada de verán que se prolongará até o 10 de setembro, data prevista para o seu peche.
HORARIOS
Do 10 ao 25 de xuño.
- De luns a venres de 16.00h a 20.00h/Fins de semana de: 12.00h a 20.00h (*)
Desde o luns 26 de xuño até o 10 de setembro.
- De luns a domingo de 12.00h a 20.00h (*)
(*) O horario de tarde poderase ampliar unha hora máis en función da climatoloxía e do aforamento no horario de peche.
Co fin de garantir o bo uso e funcionamento das piscinas agradecemos a todos os socios que respecten as recomendacións dos socorristas e cumpran coa normativa.