Os nosos xogadores/as participaron nunha das probas que organiza o Circuíto Warriors Tour.
Coincidindo coas vacacións de Semana Santa, varios alumnos/as da nosa Escola de Tenis desprazáronse até as instalacións da Academia de Juan Carlos Ferrero (Villena-Alacante) para participar nunha das probas do Warriors Tour, un dos circuítos xuvenís máis importantes a nivel nacional.
Máis de 500 xogadores de diferentes idades (categoría sub16, sub14, sub12 e sub10) acudiron a esta competición que se converteu en cita ineludible para as mellores raquetas infantís e xuvenís de España.
A expedición formábana: Yeray Quián, Nicolás Bellas, Jorge Álvarez, Pedro Antón Ruibal, Gabriel Arambillet, Branca Trillo, Clara Arambillet, Mai Grace, Candea Fajardo, Raúl Carreto e Noa Pena. Para todos eles esta viaxe foi unha experiencia en grao sumo positiva que non só lles permitiu adestrar e competir, senón tamén gozar de días de convivencia moi especiais nunha contorna incrible.
Resultados dos nosos alumnos/as:
- Clara Arambillet: subcampioa cadete, individual e dobres.
- Blanca Trillo: subcampioa cadete dobres.
- Yeray Quián: semifinalista individual cadete e campión cadete dobres.
- Nicolás Bellas: campión cadete dobres.
- Noa Pena: campioa infantil dobres.
- Mai Grace: subcampioa alevín dobres.
- Jorge Álvarez: semifinalista infantil dobres.
- Pedro Antón: semifinalista infantil dobres.
Dar as grazas, como sempre, a toda a organización do torneo polo trato recibido durante toda a semana. Sentímonos como en casa.
Próxima parada Warriors Tour Zaragoza, que se disputará a mediados de maio.
Crónica de Iago Reija-Director de Competición do RCTC
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de British International School.