Este venres, 6 de outubro, entre as 18.00 e 21.00 horas, a marca Head realizará un test das súas raquetas para os alumnos da Escola de Tenis.
O representante de Head, Marc Gasset, desprazarase persoalmente até as nosas instalacións e integrarase en pista cos alumnos e adestradores para facer a proba o máis dinámica posible. A actividade está exposta para que os xogadores poidan probar diferentes modelos mentres realizan os exercicios habituais de adestramento.
Esta iniciativa, enmarcada dentro do convenio de colaboración que o Club asinou recentemente coa prestixiosa marca austríaca, estenderase tamén a aqueles socios interesados en probar o material. Para iso disporán dunha pista reservada entre as 19.30 e 20.30h.
TALLERES DE PSICOLOXÍA DEPORTIVA
A xornada completarase con dúas charlas-taller sobre psicoloxía deportiva e control emocional que se impartirán no salón social da man da psicóloga, adestradora e tenista Eva Vilar.
- 1er taller: O adestramento mental no xogador de tenis (de 19.40h a 20.20h)
Destinado a alumnos de tecnificación/competición e os seus adestradores (a charla desenvolverase durante o horario habitual de adestramento).
- 2º taller: O papel da familia (de 20.30h a 21.15h)
Destinado a pais/nais/titores e/ou familiares dos xogadores.
Para calquera dúbida ou consulta sobre estas dúas iniciativas podedes dirixirvos a:
Carlos Chas, Miguel Casal, Iago Fernández Reija.
(oficina.deportiva@teniscoruna.com)
Nota: a proba de material Head será extensible á Escola de pádel e aos socios interesados. Para máis información contactar con Santi Méndez, coordinador da sección (Tfno contacto: 630.78.59.32)