O RCTC organizará o vindeiro 17 de febreiro unha comida de Entroido á que poderán asistir todos os socios e as súas familias.
A cita será ás 14.30h e o menú, que incluirá sopa, cocido, filloas, orellas, café e chupitos, terá un prezo de 22 euros para os adultos. Tamén haberá un menú especial para nenos (10 euros).
Os que se animen a participar neste evento poderán vir disfrazados do seu grupo musical favorito (opcional), que é a temática escollida para este ano.
Xa pola tarde, celebrarase unha festa moi divertida na que haberá música DJ, baile e un servizo de animación infantil para os máis pequenos da casa.
As reservas poden facerse até o xoves 15 de febreiro no cafetaría do Club chamando ao 981652070 (até esgotar aforamento).
Esperámosvos!