Nicolás Bellas, Clara Arambillet e Yeray Quián coincidiron con Carlos Alcaraz nas pistas da Academia de Juan Carlos Ferrero.
Como cada ano celebrouse o Master Warriors Tour 2022 nas instalacións da Academia Equelite-Juan Carlos Ferrero Sport Academy (Villena-Alacante) onde se reúnen o oito mellores clasificados de cada categoría deste circuíto nacional xuvenil.
Entre eles, tres dos nosos pelexaban por chegar ao mais alto, Nicolás Bellas, Yeray Quián e Clara Arambillet, un premio para eles despois de realizar unha tempada incrible e onde puideron compartir momentos co número 1 do mundo, Carlos Alcaraz.
Clara Arambillet, de primeiro ano de categoría cadete, lesionouse no primeiro partido e xa non puido gozar da competición. Partía como número 2 do cadro e tiñas moitas opcións de alzarse co título despois de gañar varias probas ao longo da tempada.
Yeray Quián, sendo tamén de primeiro ano de cadete, conseguiu colocarse entre o mellores oito raquetas do panorama nacional e logrou gañar o seu primeiro partido, aínda que non superou os dous seguintes a pesar de deixar todo o que tiña en pista.
E por último, Nicolás Bellas, meteuse nas semifinais despois de gañar o seu tres partidos do grupo (categoría infantil), incluído a Max Villar, gañador do torneo. Nico disputou un partido durísimo pero acabou cedendo no terceiro set, ante Hugo Tomás.
O voso Club séntese moi orgulloso de vós e seguiremos traballando para que alcancedes as vosas metas.
Agradecer tamén a excelente organización do circuíto da man de Héctor García. O ano que vén volveremos con máis forza.
*Crónica de Iago Reija, adestrador e Director de Competición do RCTC.
(Na imaxe: Nicolás Bellas)
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de Coruña British International School.