A Escola de Tenis ofrece desde este mes un novo servizo aos seus alumnos de competición baseado no desenvolvemento dunhas “Táboas de Preparación Física Individualizadas” para que poidan traballar de forma autónoma.
Baixo a dirección de Miguel Izquierdo (Licenciado en Inef e Máster en Preparación Física Alto Rendemento do COE) estas táboas personalizadas deseñaranse para desenvolver as capacidades físicas do xogador, en función das súas necesidades e adaptadas ao momento da tempada.
A actividade está dirixida aos alumnos de categorías infantil, cadete e junior da Escola de Competición (tenis e pádel), así como a todos os xogadores seniors dos equipos do Club que compiten con regularidade. As táboas, que terán unha periodicidade mensual, están pensadas para que o xogador realice 2 sesións de traballo físico semanais de 1 hora de duración.
A novidade deste sistema consiste en que o xogador realiza a preparación física de maneira autónoma, independente e individual, sen horarios fixos e sen a presenza dun preparador físico nas sesións, pero sempre baixo a súa supervisión.
O servizo inclúe:
- A elaboración das táboas por parte do monitor.
- Unha primeira sesión explicativa e preventiva, na que se fixan os obxectivos dos exercicios e a forma correcta de realizalos a fin de evitar lesións.
- Un seguimento semanal do monitor para controlar a calidade das sesións (vía mail, whatsapp ou persoal).
- Unha sesión individualizada no ximnasio para o control da evolución das táboas.
O custo da actividade é de 15 euros mensuais e os interesados poden solicitar máis información en: oficina.deportiva@teniscoruna.com ou dirixirse persoalmente a Miguel enviando un correo a: miguelizlu97@gmail.com