Brillante actuación dos alumnos da nosa Escola de Tenis en 1ª Proba Galicia Head Tour Alevín e Cadete, Campionato Galego Infantil e Junior 2024. O torneo, que se disputou en dúas sedes, no Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo e no Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo, contou coa participación de máis de 400 xogadores e xogadoras de toda Galicia.
Campionato Galego Infantil

Ana Vitoria Mella lograba alzarse co campionato na categoría feminina, derrotando na final á súa amiga e compañeira Mai Grace, conseguindo o seu terceiro galego individual. Anteriormente xa conquistara o título en categoría benxamín e alevín. Magnífico o xogo de Ana Vitoria, que fixo gozar aos espectadores que presenciaron as finais. Tanto Ana como Mai Grace proclamábanse campioas en dobres, conseguindo vencer ás súas compañeiras Irene García e Branca Talín.
Na categoría masculina, Pablo Somoza Remeseiro proclamábase subcampión galego caendo ante Mateo Valares nun gran partido, no que a solidez de fondo de pista do lucense foi decisiva. Ambos conseguiron o título en dobres derrotando a Thiago e Mikel Salgado.
Campionato Galego Junior
Alejandro Pardo coroábase como o novo campión galego derrotando na final a Miguel Del Castillo, ambos os xogadores do RCTC. Alejandro plantábase na final despois de superar dúas auténticas batallas en cuartos e semifinais, facendo gala dunha enorme confianza no seu xogo e demostrando o seu gran poderío ofensivo. Gran torneo tamén de Miguel Del Castillo que nos fixo gozar do seu xogo durante todo o torneo. Miguel levou o campionato de dobres xunto co seu compañeiro Pablo López, tras derrotar a Álex Pardo e Izan Díaz.
Na categoría feminina, Clara Arambilet alcanzou a final feminina júnior pero acabou cedendo ante a viguesa Aranai Martínez. Aínda que Clara non tivo o día, sí conseguiu revalidar o título en dobres feminino coa súa compañeira Blanca Trillo. Sen dúbida, unha das mellores parellas xuvenís do tenis galego.
Por último, destacar a vitoria de Yeray Quián e Branca Trillo en dobres mixtos, parella moi compenetrada e que demostrou a súa superioridade durante todo o torneo.
Proba Head Tour

Jorge Álvarez Mosteiro proclamábase campión na categoría cadete derrotando na final a Pedro Antón Ruibal. Partidazo de ambos os xogadores, que sendo aínda de primeiro ano, están a demostrar un gran nivel tenístico.
Noa Pena alzábase co título nesta categoría, derrotando á asturiana Iris Álvarez nunha gran final onde a nosa xogadora demostrou unha vez mais o seu carácte, loita e ganas de superarse día a día.
Grandes noticias na categoría benjamín, onde Mateo Freijeiro e Elena Escribano alzábanse co subcampeonato realizando un torneo e un tenis excelente. Pola súa banda, Lucas Vázquez lograba o título en terceira categoría.
Por último, destacar o subcampeonato de Héctor Fernández Bouza e Jaime Moura en alevín de segunda e terceira categoría, respetivamente.
Parabén chic@s!!
CADRO DE HONRA
Galego Infantil:
Campiona Galega Infantil 2024 – Ana Victoria Mella García
Subcampión Galego Infantil 2024 – Pablo Somoza Remeseiro
Subcampiona Gallega Infantil 2024 – Máire Grace Ryan Pías
Campión Galegos Infantís Dobres Masculinos 2024 – Pablo Somoza Remeseiro
Campionas Galegas Infantís Dobres Femininos 2024 – Ana Victoria Mella García / Máire Grace Ryan Pías
Subcampións Galegos Infantís Dobres Masculinos 2024 – Mikel Salgado Campos / Thiago Salgado Campos
Subcampionas Galegas Infantís Dobres Femininos 2024 – Blanca Talín Maíz / Irene García Enciso
Galego Junior:
Campión Galego Junior 2024 – Alejandro Pardo Moro
Subcampión Galego Junior 2024 – Miguel Del Castillo Lampón
Subcampiona Galega Junior 2024 – Clara Arambillet Martínez
Campión Galegos Junior Dobres Masculinos 2024 – Miguel Del Castillo Lampón
Campionas Galegas Junior Dobres Femininos 2024 – Clara Arambillet Martínez / Blanca Trillo Pita da Veiga
Campiones Galegos Junior Dobres Mixtos 2024 – Blanca Trillo Pita da Veiga / Yeray Quián Darriba
Subcampión Galego Junior Dobres Masculinos 2024 – Alejandro Pardo Moro
1ª Proba Galicia Head Tour Alevín:
Subcampión Alevín 2ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Héctor Fernández Bouza
Subcampión Alevín 3ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Jaime Mora Coira
1ª Proba Galicia Head Tour Cadete:
Campión Cadete 1ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Jorge Álvarez Mosteiro
Campiona Cadete 1ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Noa Pena Paz
Subcampión Cadete 1ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Pedro Antón Ruibal
Torneo Gadis Benxamín:
Subcampeón Benxamín 1ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Mateo Freijeiro Pedreira
Subcampeona Benxamín 1ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Elena Escribano González
Campeón Benxamín 3ª Categoría 1ª Proba GHT 2024 – Lucas Vázquez García
Ademais dos títulos de campeóns galegos, tamén estaban en xogo as prazas dos xogadores e xogadoras que nos representarán nos Campionatos de España infantil e
junior:
Campeonato de España Infantil:
Data: Do 08 ao 14 de xulio.
D. Club Español de Tenis, Rocafort (Valencia)
Clasificados individuais: Mateo Valares, Pablo Somoza, Leví Domínguez, Leo Sánchez, Ana Victoria Mella, Máire Grace Ryan, Amina Bekova, Cecilia Conde.
Clasificados dobres: Mateo Valares / Pablo Somoza e Ana Victoria Mella / Máire Grace Ryan.
Campionato de España Junior
Data: Do 12 ao 28 de agosto.
Sede: Club Tennis Reus Monterols, Reus (Tarragona)
Clasificados: Alejandro Pardo e Aranai Martínez
Crónica de Iago Fdez-Reija, entrenador e director de competición do RCTC
(Fotos cedidas pola Federación Galega de Tenis)