A Escola de Tenis de Competición ofrece a todos os seus alumnos un novo servizo de “sparring”, que se incorporará dentro das clases particulares, no que participarán aqueles xogadores de categoría senior que queiran sumarse á iniciativa.
Con esta nova actividade preténdese conseguir un dobre obxectivo:
- Mellorar a calidade da sesión de adestramento personalizado, permitindo a un adestrador de primeiro nivel estar preto do alumno para facer as correspondentes correccións.
- Facilitar ao xogador senior unha sesión de adestro con alumnos da escola de competición.
O procedemento para participar será o seguinte:
- Abrirase un prazo de inscrición para participar na actividade.
- Entre os inscritos, o Comité Técnico da Escola seleccionará a aqueles interesados que, segundo o seu criterio, cumpran os requisitos de nivel esixidos para participar na actividade.
- Crearase un grupo de “Whatsapp” cos seleccionados no que se farán públicas as necesidades semanais de “sparring” (día, hora, pista e alumno) e no que os participantes poidan confirmar a súa dispoñibilidade.
- Entre os xogadores dispoñibles, procederase a fixar hora e data con aquel socio que, a criterio da Escola, sexa máis adecuado para o alumno.
Esperamos que esta iniciativa sirva para estreitar os vínculos entre os socios e a Escola de Tenis e que, a través dela, póidase establecer unha relación de colaboración e beneficio mutuo.
Para máis información contactar coa oficina deportiva (oficina.deportiva@teniscoruna.com).