Debido á alta demanda de utilización das pistas de tenis e, en especial, as de terra batida, a partir do próximo luns 11 de decembro entrarán en vigor varios cambios na normativa de reserva das mesmas. Esta actualización ten como obxectivo racionalizar o seu uso e maximizar o número de socios que poidan gozar das instalacións de forma máis equitativa.
A partir desta data, cada socio disporá dun máximo de 2 reservas activas computándose tanto se é o titular da reserva coma se é xogador e só se permitirá unha reserva por día. De forma excepcional, só se poderá realizar unha segunda reserva no mesmo día se ao finalizar a primeira houbese pista libre dispoñible. Respecto ao tempo de reserva, a duración do aluguer de pista será de 60 ó 90 minutos excepto para as pistas cubertas 4 e 5 que será de 60 minutos en horario de máxima utilización.
Así mesmo, será necesario identificar o nome dos xogadores en cada reserva (incluíndo aos invitados) xa que esta é de natureza nominal. Por tanto, non poderán estar en pista xogadores diferentes dos que figuran na reserva.
Outra das principais novidades desta actualización é que a partir de agora non se permitirá utilizar as pistas para impartir clases particulares de forma externa á estrutura da Escola. Neste sentido, queda prohibido a utilización de caixóns e/ou cestos de bolas. A excepción a esta regra só se admitirá no caso de que os xogadores sexan membros da mesma unidade familiar.
Aqueles socios que realicen cancelacións/anulacións de reservas con menos de doce horas de antelación recibirán un reembolso do 50% do importe da pista e a xestión realizarase directamente coa conserjería/oficina do Club. Ademais, habilitarase un sistema de control e un procedemento sancionador para aqueles socios que incumpran de maneira reiterada esta normativa.
Seguimos traballando na mellora da APP de reservas co fin de adaptala na medida do posible ás necesidades do noso Club. Por iso, agradecemos a todos os socios a súa colaboración para que estas normas se cumpran e garantir así que todos podamos gozar dunha forma máis equilibrada e proporcional das nosas instalacións.